Benvid@s a Auladiver, o blog de Pedagoxía Terapéutica do CEIP A Rúa (Cangas), un espazo aberto e dinámico que aposta polo valor da diversidade.

martes, 14 de abril de 2009

Ás veces esquecemos o máis importante

Se unha imaxe vale máis que mil palabras, non atopamos mellor exemplo de superación persoal que este vídeo de Nick Vujicic.





Nick Vujicic naceu en Melbourne (Australia) en 1982. Actualmente dirixe a fundación Live Without Limbs (Vivir sen extremidades), organización dedicada a axudar as persoas con discapacidades físicas. Ten unha dobre titulación en Contabilidade e Finanzas, e viaxa por todo o mundo contando a súa historia.

jueves, 2 de abril de 2009

Que nos pediría @ nen@ autista?

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO


Hoxe, 2 de abril, estase a celebrar o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Esta data estableceuse nunha resolución da Asemblea Xeral da ONU o 27 de novembro de 2007, para chamar a atención sobre o aumento da incidencia da enfermidade en todo o mundo nas últimas décadas.
O Autismo (ou Trastorno do Espectro Autista) está clasificado tanto no DSM-IV como no CIE-10, como un trastorno xeralizado do desenvolvemento (TXD), que se caracteriza por alteracións cualitativas nas habilidades para a interacción social e a comunicación, así como pola presenza de comportamentos, actividades e intereses restrinxidos e estereotipados.


Dende Auladiver PT, queremos colaborar nesa concienciación con esta pequena recopilación de enlaces que esperamos sexan de interese. Premede nos nomes para acceder.

Para saber máis:
- Confederación de Autismo España
- Psicología de la Educación para padres y profesionales

Experiencias e recursos educativos:
- Proxecto Autismo La Garriga
- Recursos socio-educativos

Blogs:
- Mi ángel sin voz
- Hasta la luna de ida y vuel...ta
- El sonido de la hierba al crecer

Libros:
- Bibliografía aspectos teóricos e médicos
- Quiero dejar de ser un dentrodemí. Birger Sellin
- Nacido en un día azul. Daniel Tammet
- El curioso incidente del perro a medianoche. Mark Haddon

E para rematar recomendamos o vídeo "Mi hermanito de la luna", de Frédéric Philibert, na páxina da Fundación Orange (preme na imaxe para acceder). Esta curtametraxe gañou o Gran Premio e o Premio do Público do Festival Handica-Apicil 2007.